ACTIVIDADES 2015:

Xuño: Un ano máis a Escola de Música Tradicional de Poio organiza a X Xuntanza de Gaiteiros "Manuel Villanueva" que terá lugar os dias 6 e 7 de xuño na Reiboa en Poio (detrás do campo de fútbol de Poio). Como todolos anos haberá postos de artesania e música en directo das bandas de gaitas de Barbúde, O Barqueiro da escola de música de Poio. Haberá churrasco, arroces, polbo e todo a prezos moi economicos. Vir a pasar un fin de semana de lecer con nosco.

Abril: O vindeiro sabado dia 18 de abril tera lugar na reiboa en Poio o IV aberto de billarda. Inscricion gratuita para todas as edades. Premios para os primeiros clasificados. Apuntate a partir das 16:00h na Reiboa, prestamosche a billarda.

ACTIVIDADES 2014:

Xuño: Un ano máis o primeiro fin de semana de xuño, días 6,7 e 8 de xuño, a escola organiza a IX Xuntanza de Gaiteiros "Manuel Villanueva", como todolos anos haberá postos de artesanía, e para xantar: churrasco, polvo, chourizos, arroces, postres e bebida a prezos moi económicos. Contamos con vos.

Abril: O sábado 19 de abril organizamos o III aberto de billarda, puntuable para a liga nacional e aberto para todolos públicos. Inscripción gratuita e haberá premios para os tres primeiros clasificados e un detalle para os nenos. O torneo comezará as 16:00h. do dia 19 na Reiboa - Poio - Pontevedra. Contamos con vos.

ACTIVIDADES 2013:

Novembro: Un ano máis organizamos a xornada de xogos tradicional, este ano é a VII edición e como en anos anteriores haberá xogos de billarda, chave, carreira de sacos, aros, zancos, xogo da rá, tiro da xoga, etc. Contamos con todos vos sen limite de idade e participación totalmente gratuita. Haberá castañas e refrescos e viño para todolos participantes. Esperamosvos na Reiboa, en Poio, detrás do campo de futbol o dia 2 de novembro. Inscripcións a partir das 15:30h. Os xogos comezarán as 16:00h.

Xuño: Como todolos anos a escola de música organizará a VIII Xuntanza de Gaiteiros "Manuel Villanueva"; este ano comenzaremos o venres 31 de maio pola noite cos grupos de música pop rock de LA FRANJA e NIRVANA COVER; o sábado haberá musica tradicional galega a cargo da Banda de Gaitas da Escola de Música Tradicional de Poio; tamén nos acompañará o grupo Guillerme e Bastardo e todos aqueles gaiteiros que queiran participar con nosco na festa, pois haberá micros abertos para todos. Na noite do sábado a partir das 22:30h. acompañaranos Band - Versións. E para o domingo dia 2 de xuño, estarán acompañandonos no xantar as bandas de gaitas de Barbude (A Estrada), O Barqueiro (Mañón), Escola de Música Tradicional (Poio) e o grupo Airiños da Fracha.

Como todolos anos haberá xantar con churrasco, criollos, arroces, polbo, refrescos, viño, etc; todo a prezos de anticrise.

Haberá unha gran carpa como todolos anos rodeada de postos de artesania: coiro, cesteria, libros, etc.
Contamos con vosco.

Maio: O domingo dia 4 como en moitos eventos máis, hemos colaborado para homenaxear a Rosalia de Castro polo seus Cantares Galego. A Escola asistiu cun grupo que interpreto varias pezas e ao remate do festival interpretou o Himno Galego. Tamén a este evento fomos acompañados polo grupo de cantareiras e pandereiteiras da escola de recente creación.

Febreiro: Como todolos anos asistimos ao entroido en Pontevedra e Poio; este ano ibamos de vikingos. En Poio recibimos ao igual co ano anterior o 2º premio a animación. Pasamolo en grande pois como sempre nos imos a pasalo ben e merendar pois asamos chourizos e levamos empanadas e reposteria; e que non falte o grifo de cerveza.

ACTIVIDADES 2012:

Novembro: O vindeiro sábado 24 de novembro, a Escola de Música Tradicional de Poio, organiza a VI Xornada de Xogos Tradicionais que darán comezo ás 16:ooh. e como todolos anos haberá xogos de Trompo, A Chave, Carreira de Zancos, Canicas, Carreira de Aros, Tiro da Soga, Carreiras de Sacos, A Rá, Billarda, etc. Acto para todolos públicos e totalmente gratuito. As inscricións comezarán a partir das 15:30h. Vos esperamos.

Xuño: Un ano máis a escola organiza a VII Xuntanza de Gaiteiros "Manuel Villanueva", haberá como todos os anos postos de artesania e para o xantar teremos churrasco, chourizos, arroces, empanadas, etc. Este ano comenzaremos o venres pola noite coa actuación de Viñalar Fantastic Band e na noite do sábado actuarán Band-Versións e Los Mirindas; polo dia contaremos con distintos grupos de música tradicional galega. Teremos micros abertos para todos os que queirades amenizarnos coa nosa música tradicional. Os esperamos na Reiboa (Poio) detrás do campo de futbol.

ACTIVIDADES 2011:

Novembro: O Vindeiro sábado 5 de Novembro a Escola de Música Tradicional de Poio organiza a V Xornada de Xogos Tradicionais, que darán comezo as 16:00h. ata as 21:00h e que como todos os anos haberá xogos de: Trompo, A Chave, Carreira de Zancos, Canicas, Carreira con Aros, Tiro de Soga, Carreira de sacos, A Rá, Billarda, etc. Acto para nenos de 4 a 99 anos.

Ao remate dos xogos, a escola organiza o primeiro Serán de Poio que dará comezo as 21:00h e sen hora de remate; eso depende dos participantes e o bo ambiente que esperamos ter. Para todos os participantes haberá castañas, viño e refrescos. Contamos coa participación de pandereteiras e gaiteiros dos distintos lugares de Galicia. Contamos coa vosa participación. Troula asegurada .

Xuño: Un ano máis a Escola de Música Tradicional de Poio organiza a VI Xuntanza de Gaiteiros "Manuel Villanueva" (romeria tradicional) os días 4 e 5, onde podrase xantar a prezos moi ecónomicos (churrasco, chourizos, criollos, polbo, arroces e postres) e haberá postos de artesáns (xoieria, libros, coiro, cesteiro, canteria, perecederos, etc..) Haberá música en directo todo o dia a cargo de diversas bandas de gaitas. Tamén haberá MICROS ABERTOS para todo o que queira amenizarnos coa sua música tradicional.

ACTIVIDADES 2010:

Novembro: O vindeiro dia 7 de novembro, imos celebrar a IV Xornada de Xogos Tradicionais. As inscricións tomaremolas a partir das 10:00h. Para comezar cos xogos dende ás 11:00 ata ás 15:00h. Xogaremos ao trompo, chave, bolas, carreiras de zancos, carreiras de aros, tiro da soga, a ra, billarda, carreiras de sacos, etc. Esperamosvos en A Reiboa (Poio), ao lado do campo de futbol. Ven a pasar o dia con nosco.

Xuño: Os dias 5 e 6 de xuño, como todolos anos, arganizaremos a V Xuntanza de Gaiteiros "Manuel Villanueva"; como en anos anteriores, habrá unha carpa que pola afluencia de xente, este ano será o dobre de grande, onde habrá postos de artesania, soieria, libros, e non faltará o xantar con churrasco, chourizos, empanadas de millo, arroces, polbo e como sempre a prezos moi populares, ao alcance do todo o mundo. Comezaremos o sábado ás 10:00h. coas alboradas e a partir dás 12:00h. comenzaremos co xantar, amenizado pola música tradicional interpretada polos nosos alumnos, así como todo aquel que queira deleitarnos coa súa música, pois haberá micros abertos para todo o mundo. Na noite do sábado actuarán Os Magos do Riveiro e o grupo Meiga do Norte. O domingo continuaremos coa festa acompañados pola Banda de Gaitas do Barqueiro (Mañón), Banda de Gaitas de Barbude (A Estrada) e a Banda de Gaitas da Escola de Música Tradiconal de Poio. Os esperamos na Reiboa, (detrás do campo de futbol) en Poio.

Abril: O sábado 24 fixemos unha muiñada, para debullar e moer o millo branco prantado no 2009 polos alumnos da escola. Foi unha actividade coa intención de que os nosos pequenos, e non tan pequenos poideran ver todo o proceso, dende a preparación da finca, abonado, prantación, recolleita e agora tocaba debullalo millo e moelo e para eso aproveitamos os Muiños da Freixa que o Concello de Poio tivo a ben restauralos. A xornada foi todo un exito pois todos os alumnos participaron na actividade, asi como unhas escursión que achegaronse ata os muiños para ver o seu funcionamento. Pola tarde acercouse moita xente para a degustación dos productos relacionados co millo branco e amenizados por o grupo Os do Luns e os alumnos da Escola de Música Tradicional de Poio. Coa fariña resultante da muiñada, prepararemos ás empanadas para a Romeria Tradicional (Xuntanza de Gaiteiros Manuel Villanueva) que faremos os vindeiros dias 5 e 6 de xuño.

ACTIVIDADES 2009:

Xuño: O vindeiro sabado dia 13 de xuño, faremos como en anos anteriores a VIII Baixada de Carrilanas, co mesmo percorrido, dende Vilariño ata os Canos. A partir das 12:00h. serán as verificacións, na praza do convento, ao lado do Concello de Poio e rematarán as 13:00h.

Bases da Proba:

As carriladas deberán ser tradicionais, o que implica que deberán estar construidas na súa totalidade de madeira, tanto o chasis, rodas e eixos. Aqueles participantes que se presenten con carriladas que non reunan ditas caracteristicas, non podrán participar na proba e optar a premios, pero si o poderán facer como exivición e saldrán de últimos nas dúas mangas que están previstas.

Todos os participantes deberán vir provistos de roupa adecuada para dita proba, deberán ter cubertas todalas partes do seu corpo, será obligatorio o vir provistos de casco homologado, senlleiras e cobadeiras, e presentar o D.N.I. para facer a inscripción.

Aqueles participantes que estean federados terán que pagar 10€ os adultos e os menores de 16 anos 5€ e os participantes que non estean federados teran que pagar 40€ os adultos e 35 os menores de 16 anos. Acuota dos 30€ que cobraselle a maiores e para cubrir os gastos do seguro que se lle fará a inscrición no FEDEI para estar asegurados nesta única proba. Os menores de 16 anos deberan cubrir unha ficha de autorización antes da proba firmada polo seus pais ou titores. Para máis información podedes poñerbos en contacto nos telefonos 635 546 765 o 650 848 533

Xuño: Os dias 6 e 7 organizaremos a IV Xuntanza de Gaiteiros Manuel Villanueva. Como en anos anteriores, estaremos na Reiboa-Poio (Pontevedra), é unha romeria tradicional na que teremos unha carpa ao igual cos anos anteriores con stand de artesania tradicional, coiro, cesteria, barro, libros e por suposto non faltará o xantar, no que haberá churrasco, chourizos, polbo, empanadas, viños e licores, e todo a prezos moi populares. Esta romeria está aberta a todo o mundo, e para aqueles que nos queiran amenizar coa música tradicional, teremos micros abertos para todo o mundo. Os que precisen máis información poden poñerse en contacto con Jose no telefono 650.848.533. O sabado dia 6 comezaremos coas alboradas dende as 10:00h e a partir das 12:00h. Os esperamos para o xantar. Estaremos ata a noite, ata que o corpo aguante e o domingo dia 7 continuaremos coa festa.

Entroido: Como todos os anos, a Escola de Música Tradicional de Poio participou no entroido co seu camión en Pontevedra e Poio; este ano dedicaremolo a NOITE MEIGA que é o nome co que foi rotulado a camión e nos fumos disfrazados coa Santa Campaña, meigas e de mortos como antaño. Non faltou no camión a música, a bebida e a comida. e este ano fumos obsequiados co segundo premio a grupos animación no concello de Poio.

ACTIVIDADES 2008:

Novembro: O vindeiro dia 2 de novembro baixe a celebrar a II Xornada de Xogos Tradicionais que como o ano pasado, baixe a celebrar na Reiboa (Poio) xunto ao colexio Isidora Riestra de 11:00h. ata as 13:30h. Este ano ampliouse o número de xogos, pois habrá torneos de Trompo, Canicas, Carreiras de Zancos, Carreiras de Aro, Tiro de Xoga, A Ran, Billarda e Carreiras de Sacos. Nalguns destes xogos, habrá campionato con trofeo para os tres primeiros postos e no resto teremos monitores para divertirnos e explicar en que consisten ditos xogos. Non hai limite de idade para xogar, polo que poden vir os rapaces acompañados dos seus pais, avós e amigos. Contamos con vosco.

Setembro: Faremos a II Xornadas de Xogos Tradicionais, co igual co ano pasado contaremos con xogos de aros, zancas, trompo, canicas e tiro da soga e probablemente se incluirá algún xogo máis.

Xuño: o sábado 14 faremos a VII Baixada de Carrilanas. Despois do éxito acadado o ano pasado cando fixemos a VI Baixada de Carrilanas, acordouse co concello o facelo na semana anterior as festas de San Xoan.

Xuño: os días 6, 7 e 8 faremos o Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, ao igual cos dous anos anteriores. Faremos o dia 6 a presentación do disco dos participantes do ano anterior no Pazo de Ferreirós; o dia 7 comezaremos pola mañá con pasarrúas por todo o pobo e os relatorios, impartidos por xente metida no mundo da gaita doutros lugares, pois o ano pasado contamos con especialistas e estudiosos da gaita de Asturias e León, asi como tamén un estudioso da gaita Galega; xa pola tarde será o concurso de gaitas solistas na praza da Chousa en Combarro e a partir das 20:00h comezaremos coa Xuntanza de Gaiteiros na Reiboa, facendo unha romeria tradicional na que non faltarán postos de artesáns, (barro, instrumentos músicais, licores, queixo e chourizos xolleria, e para o xantar teremos unha pulpeira, asi como churrasco e empanadas e porsuposto non faltará o viño da terra.) e como nos anos anteriores teremos micros abertos paro todolos que queiran participar na romería coa sua música, sempre cós instrumentos tradicionais, (Bombo, tambor e gaitas).

Febreiro: Entroido. Participamos no entroido de Pontevedra e Poio; ao igual co ano pasado, nos desplazamos nun camión e que este ano participamos co nome de A Entellada nos que fumos vestidos con traxes de augas para simular a vida mariñeira- No camión foise preparando mexilóns e sardiñas e levaremos tamén empanadas e rosca para o remate e sempre ao son das nosas gaitas.