A Escola de Música Tradicional de Poio naceu pola iniciativa do Concello de Poio (Pontevedra) de crear unha banda de gaitas que poidera representar ao concello nos actos oficiais, así como representalo no exterior. A escola naceu no ano 2004 e fixo os seus comezos con vinte (20) alumnos e a evolución foi moi rápida, pois catro anos máis tarde contamos con setenta e cinco (75) alumnos dos cales trinta e catro xa forman parte da banda de gaitas e do resto xa temos alumnado casi preparados para incorporarse a banda e aos cuartetos que se forman para tocar nas festas populares. Os cuartetos estan formados por un tambor, un bombo e dúas gaitas. Cos cuartetos estamos a tocar dentro da nosa comunidade autónoma e coa banda de gaitas xa tocamos fora da nosa comunidade, pois o ano 2007 estivemos en Asturias, Leon e Portugal. Como actividades da Banda de Gaitas dentro do noso Concello estan as actuacións no pregón das festas de San Xoan, a festa do Mar en Combarro e a festa da Ameixa en Campelo.

Para o curso 2008 a Escola de Música Tradicional de Poio está a realizar como actividade principal as clases de ensino tanto de gaita como de percusión que se están a impartir no C.E.I.P. Isidoro Riestra sito en A Reiboa – A Seca (POIO); ditas clases están sendo impartidas por profesorado especializado; as clases tanto de gaitas como de percusión están a cargo de D. José Laureano Muñiz Quintas, artesán e compoñente do grupo Os Alegres de Pontevedra, e as clases de baile regional están impartidas por Dª Iria Carbajal Gorrita, unha muller moi ligada a música tradicional galega e que leva dende os oito anos neste mundillo e impartindo clases de baile rexional, pandeireta e tamén como cantareira en varios grupos.En outubro do 2012 formase o grupo de cantareiras e pandereiteiras facendo a sua primeira actuación nas festas de San Martiño de Poio o 11 de novembro, sendo todo un exito valorado polo público, con tan só mes e medio de preparación.

A Escola de Música Tradicional de Poio, non só pretende recuperar a música tradicional, senón que tamén pretendemos recuperar as tradicións o os xogos antigos que pola evolución da vida están a quedar olvidadas. Polo mundo en que vivimos agora os nosos rapaces perden a comunicación coas persoas póis non saben xogar en grupo, senón que coas videoconsolas, os rapaces encerranse en si mesmo e faltalles o relacionarse con outros rapaces, perden a comunicación. E por isto que a escola o ano pasado como primeira actividade recuperamos as baixadas de carriladas tradicionais; xa anos anteriores outras asociacións fixeran cinco baixadas pero volveu a quedar no olvido e por isto a escola organizou a VI Baixada de Carriladas feita en setembro do ano 2007, coincidindo coas festas de Vilariño en Poio cun éxito rotundo, tanto de participación poís anotaronse quince carriladas tradicionais como de asistencia para ver a proba, póis todo o pobo volcouse para estar neste actoa. Polo éxito acadado, para este ano a proba por petición do Concello de Poio, trasladouse a data para o dia 15 de xuño, semana anterior as festas grandes de Poio, as festas de San Xoan e sirven como preludio para comezo de dita festa.

No ano 2007, tamén organizamos a I Xornada de Xogos Populares feita no mes de outubro; por ser o primeiro ano, decidimos poñer soamente cinco xogos (tiro da soga, trompo, carreiras de aros, carreiras de zancas e xogo das canicas). Tivemos unha gran participación póis anotaronse aos xogos rapaces dende cinco anos ata adultos de setenta. Pasamos unha xornada festiva dende as 10:00h ata as 15:00h, no que nos divertimos todos e incluso os nosos maiores nos aconsellaban e axudaban para facer de xurado colaborando connosco dunha forma improvisada, convertindo o campionato nunha xornada festiva que era o que se pretendia.